DÍA DAS BIBLIOTECAS

Ola colegas!

Hoxe estamos de celebración porque é o Día da Biblioteca; aínda que a mín gústame máis dicir Día das Bibliotecas, porque así parece que incluímos a todas, ás grandes e ás máis pequechiñas. 

Esta data celébrase en España dende 1997, ou sexa, dende fai xa vinte anos. Como pasa o tempo! E cada 24 de outubro hai un pregón que soe estar escrito polo gañagor do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil do ano anterior, neste caso o escritor catalán Alejandro Palomas. Este ano as ilustracións son de Manuel Marsol, que levou o Premio Internacional de Ilustración da Feira de Boloña (Italia).

O pregón, que vos deixo aí abaixo, vaivos encantar porque é  "supercalifragilísticoespialidoso".

 


Comentarios