PALABRAS PERDIDAS



Bo día!

Con ese título de "Palabras perdidas" crearon un clube de lectura infantil na biblioteca municipal de Padrón. O clube está pensado para nenos e nenas de entre seis e dez anos e xuntarase unha vez ao mes (cada terceiro venres) na propia  biblioteca.

Para inscribirvos ou para conseguir máis información podedes poñervos en contacto coa oficina de voluntariado (981817025) ou coa biblioteca municipal (981810761).

A primeira sesión será este venres, día 20 de outubro, a partires das cinco e media. Seguro que vos agardan! 


Comentarios