POEMAR O MAR



Ola xente!

Grazas a este libro, Poemar o mar, Antonio García Teijeiro acaba de gañar o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil

Ten moitísima importancia que un escritor en lingua galega cun poemario en galego gañe un premio a nivel estatal. Temos que estar moi orgullosos del e do tesouro que supón ter unha lingua propia, ademais da española, na que poder comunicarnos.

Pero non pensedes que é o primeiro autor galego en ser recoñecido con este galardón. Xa o recibiron antes: Paco MartínXabier P. DocampoFina CasalderreyAgustín Fernández Paz e Ledicia Costas.

É que a nosa literatura está moi viva! 



Comentarios