DEREITOS





Ola compis! Hoxe é 20 de novembro, un día moi especial porque celebramos o Día Internacional dos Dereitos dos Nenos e Nenas. Por desgraza, hai moitos que non poden disfrutar destes dereitos básicos. Para que os coñezades, aquí abaixo tedes  un decálogo que os recolle.




Déixovos tamén unha canción de Pedro Guerra e Jorge Drexler que coñecín por unha amiga e que fala de non maltratar o futuro e a fraxilidade dos que aínda estades crecendo, pero que tamén se pode extender a outros ámbitos. 



Xa vedes, temos que coidarnos uns aos outros, sobre todo mirar por aqueles que poden precisar máis da nosa man, e tamén coidar á Terra que nos acolle (que a pobre xa está sufrindo bastante, non credes?).

Comentarios