DÍA DAS LIBRARÍAS



Boas!

Hoxe é o Día das Librarías, eses lugares nos que, igual que nas bibliotecas, nos esperan un montón de soños, ilusións, misterios, ideas, invencións, trabalinguas...  Palabras e ilustracións que están alí agardando a ser descubertas. E, non sei a vós, pero aos alces encántanos ir ao seu encontro e visitar eses lugares nos que aínda consideran que os libros son seres que nos poden envolver coa súa maxia.

Por iso, hoxe irei visitar algunha libraría, para deixarme enmeigar e sorrirlle a esas persoas que nos achegan os libros nunhas tendas que non deberían desaparecer nunca das nosas cidades e pobos.

Quero pedirvos que colaboredes no día das librarías e poñades o voso graniño para rendirlles unha pequena homenaxe. Por favor, deixade unha mensaxe coa palabra e a lingua que escollérades. A ver en cantas linguas somos capaces de escribir a palabra "LIBRARÍA"? Eu xa vos deixo varias:

LIBRARÍA e LIBRERÍA- galego
LIBRERÍA- español 




Comentarios

Publicar un comentario