Ola!
Non sei se o sabiades pero estamos no mes da ciencia en galego. Si, si, hai xa uns cantos anos que se empezou a adicar o mes de novembro á ciencia nas bibliotecas públicas galegas.
E cada ano, dende o 2013, escóllese a un científico ou a unha científica galega para que escriban un manifesto. Isto de "manifestarse" está moi ben porque aínda hai xente que pensa que aquí non investigamos ou que se o facemos debemos facelo noutras linguas. E incluso hai xente, e somos moitos, aos que a ciencia nos soa un pouco rara ás veces.
Por iso é fantástico que nos recorden que a ciencia está en todas partes, en todo o que nos rodea. Disto vai o manifesto deste ano 2017, lede, lede...
Comentarios
Publicar un comentario