UN PASEO POLA FLAVIOTECA




Ola, son Ef!

Hoxe quero dar unha voltiña pola biblioteca do colexio para que vexades como está e cantas cousas levades feitas este curso.

Dende o ano pasado temos un RECANTO DA LUZ, que estades aproveitando moi ben nos recreos e nas visitas á biblioteca para ler, pensar, facer crebacabezas, compartir un xogo de mesa... De feito, penso que hai uns grandes axedrecistas no Flavia, a que si?






Tamén estiven vendo que nos recreos moitos vos animades a estar na sala de lectura e na zona de consulta do ordenador.



E encantoume saber que este ano imos ir todos por Europa! Xa vin que quedáchedes moi guapos e guapas poñendo a vosas caras no EF xigante. Que divertido! 





Tamén vin que levades ata ás vosas casas as mochilas viaxeiras e que ides completar uns fermosos diarios nos que saio retratado. Seguro que van quedar perfectos!







E aínda por riba estades levando a lectura por todo o colexio, visitando outras aulas para lerlles aos compañeiros doutros cursos. Ata viñeron ao Flavia varios rapaces e rapazas do instituto para ler! 
















Comentarios

  1. Gracias polas mochilas EF. Os libros son super interesantes. Os que máis nos gustaron foron "Cuentos en versos para niños perversos"e "Marcopola"

    ResponderEliminar

Publicar un comentario