Ola compis! Feliz Aninovo!
Espero que pasárades unhas moi boas festas e que veñades con ganas de disfrutar do novo ano.
Hoxe quero propoñervos un xogo, un xogo moi matemático. Espero que vos guste e que vos animedes a contestar algunha das preguntas (ou todas, se sodes capaces).
Atención:
- Cantas cifras ten 2018?
- Podedes escribilo en galego?
- E en castelán?
- E en inglés?
- Que resultado tería a suma de todas as cifras?
- Que número obtería se lle engado unha decena?
- E unha centena?
- Que número obtería se lle resto unha decena?
- E unha centena?
- A que século pertence este ano?
Comentarios
Publicar un comentario