A CANDELORIA




Bo día!

O venres pasado os cativos e cativas de 2º de primaria fixeron unha chea de paxariños e decoraron o camiño de acceso ás súas aulas. E é que o 2 de febreiro foi a celebración da Candeloria, unha festa que ten que ver coa luz das candeas e que xa se celebraba na época romana. É moi popular nalgunhas zonas de Lugo e deu lugar a un bo número de refráns: 

Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra.

Se chora ou fai vento, aínda o inverno está dentro.

O día da Candeloria, se chora ou venta, inverno entra. E se non venta nin chora, inverno fóra.

Pola Candeloira casan os paxariños e maila galiñola.

Pola Candeloria, pon a pita vella e a nova.

Pola Candeloria, ningunha ave voa soa.

Comentarios