A SEMANA DA PAZ TIVO MOITO CONTO




Ola!

Ao longo da semana pasada tivemos cada día un contacontos no recreo no curruncho da luz. 

O libro representado (con grande éxito, por certo) foi Feliz Feroz. Imos contar con varios exemplares na biblioteca, tamén coa versión galega, O lobiño riquiño. Así que se queredes lelos xa sabedes que os podedes vir coller.


Polo de agora déixovos varias imaxes e vídeos das fabulosas representacións que fixeron os rapaces e rapazas voluntarios. Moitas grazas por ser tan guais! Seguide sempre así!










Comentarios

Publicar un comentario