Ola xentiña!
Seguro que xa sabedes que mañá, día 24 de febreiro, é o Día de Rosalía de Castro. Rosalía naceu un 24 de febreiro, pero de fai 181 anos, no 1837.
A nosa escritora está tendo un bo feixe de homenaxes. Xa ten un mural en Nova York, pintado por Vanesa Álvarez no 2016, e ata un avión adicado á súa figura de Norwegian Airlines.
Pero este ano a homenaxe inclúe un caldo de gloria que podedes tomar na casa da autora mañá a partires das sete da tarde e nun montón de bares e restaurantes galegos.
Este é o caldo que sae no poema "Miña casiña, meu lar". Hai fragmentos do poema nos pasos de peóns de varios concellos. Mirade algúns dos que atoparon uns amigos meus en Padrón:
E, por suposto, ademais de poder recordar a Rosalía tomando un caldiño e uns bolos, tamén fixestes unhas fermosas homenaxes no colexio. Aquí vai unha mostra delas:
Comentarios
Publicar un comentario