Estamos na Semana da Prensa e acabamos de coñecer unha iniciativa de La voz de Galicia, que volve a ofrecernos participar no "Concurso Escolar Mellor Xornalista Infantil e Xuvenil". Este curso celebran xa a décimoquinta edición.
Dende a biblioteca animámosvos a participar. Este certame está aberto a todos os niveis educativos, incluso a Educación Infantil, e ten como obxectivo familiarizar aos estudantes coa lectura e co manexo dos xornais e axudarlles a desenvolver a súa capacidade de exposición e redacción.
Premiará aos estudantes gañadores con viaxes moi apetecibles. Deixámosvos aquí o enlace no que podedes consultar as bases e descargar as maquetas correspondentes a cada nivel:

Comentarios
Publicar un comentario