CONTANDO CONTOS





Saúdos!

A semana pasada foi moi especial, e non só polas festas que tedes en Padrón, nin polo Día do Libro Infantil e Xuvenil. Houbo moito máis...

Ademais de ter un día sen cole o luns, o martes tivemos unha busca de ovos moi, moi rariños, porque non tiñan xema nin clara; tiñan títulos de libros infantís. Xa veredes o ben que saístes nas fotos da busca de ovos! O próximo día póñovolas para que recordedes o divertidísima que foi a actividade.  



Pero é que ademais, o xoves día 5 tivemos un contacontos na biblioteca que xuntou aos cursos de primeiro e segundo no chan. Si, si, no chan, porque había unha alfombra xigante que nos serviu para estar escoitando historias e para participar delas movéndonos como camiñantes, nadadores e moitas cousas máis.  Molou moito! Graciñas a Iago por facernos rir tanto!







Comentarios