DÍA INTERNACIONAL DA LITERATURA INFANTIL E XUVENIL





Boas!

O 2 de abril celébrase o Día Internacional da Literatura Infantil e Xuvenil. Esta data conmemórase dende 1967, cando a IBBY (International Board on Books for Young people), unha organización internacional sen ánimo de lucro,  escolleu precisamente o 2 de abril por ser a día do nacemento de Hans Christian Andersen. 

Cada ano prepáranse un cartel e unha mensaxe especial. No 2018 tocoulle a Letonia facelos; así que a autora do texto é Inese Zandere, poeta e editora que titulou a súa mensaxe: Os libros fan grande o máis pequeno. Se queredes ler a mensaxe completa premede no título.

A fermosa imaxe do cartel é do ilustrador Reinis Petersons: 


Por certo, tamén podedes participar nun concurso no que teríades que facer unha versión en cómic dun conto de Andersen. Seguro que coñecedes uns cantos! Déixovos aquí as bases do concurso. Animádevos!

 https://mega.nz/#!bl4AmIgA!l6ruJ6PA5YVCS4GeQVnW17WU6E1ql2Go_6_y0WHwIQk

Comentarios