UNHA VISITA MOI ESPECIAL

Saudiños!

Moitos xa sabedes que esta semana tivemos unha visita moi especial, a da autora dese libro que vedes enriba. 

María Canosa pasou un ratiño cos rapaces e rapazas de 5º e 6º, que estiveron lendo este libro, e lles adicou os seus exemplares. 







Tamén asinou un dos exemplares da biblioteca e dende ela, dende a vosa flavioteca, queremos recomendarvos outros libros de María que podedes atopar na tanto na zona de poesía como na de narrativa.











Comentarios

  1. Ola! É un luxo ler un libro e logo poder contar coa visita da autora, escoitala e facerle cantas preguntas veñan á mente. Engadir tamén, que case de inmediato poder ver as imaxes e comentarios neste blog é moi gratificante e moi de agradecer o esforzo polo traballo feito, ben feito. Os meus parabéns e adiante!!.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola! A verdade é que si que é moi de agradecer que escritores e ilustradores saquen un cachiño do seu tempo para compartilo cos que os lemos. Sei que os que estiveron na biblioteca ese día disfrutaron un montón coa visita e marcharon felices cos libros asinados por ela. Así que tamén me uno a darlle as grazas María Canosa e a todos e todas os que fixeron posible que viñera (e a ti, por suposto, por deixar un comentario neste espazo). Un saúdo agarimoso de Ef.

      Eliminar

Publicar un comentario