DOUS VÍDEOS MOI MOLÓNS





Ola meus!
Un profe do cole fixo uns vídeos chulísimos nos que sodes os grandes protagonistas.

Un deles é do contacontos no que participaron os alumnos e alumnas de primeiro e segundo. Iago fixo que o pasáramos moi ben e que, ademais de escoitalo, nos movéramos e ríramos a cachón. Mirade, mirade: 





O outro vídeo amosa o ben que fixestes a lectura compartida no patio o Día do Libro, o 23 de abril, que ademais acompañounos un sol moi agradable. Lástima que hoxe non estea!





Por certo, moitas grazas aos profes que fan posible que poidamos ver vídeos coma este, porque algúns alces non sabemos aínda facer vídeos.

Comentarios