MARÍA VICTORIA MORENO


Ola colegas! Feliz semana das Letras Galegas!


Xa fai tempo puxemos por aquí o enlace á PRIMAVERA DAS LETRAS (e tamén o tedes na barra lateral dereita como enlace destacado) pero, por se aínda non visitastes a María Victoria Moreno, podedes premer agora nesta imaxe:
PRIMAVERA DAS LETRAS

Alí poderedes ler a súa biografía, ver os seus escritos, viaxar con ela, participar nun concurso, facer xogos interactivos...

Na mesma páxina aparecen tamén os homenaxeados dos dous anos anteriores (Manuel María e Carlos Casares). E o próximo ano aparecerá o seguinte ou a seguinte, que aínda non temos nin idea de quen será. A idea é continuar con esa web tan chula da Real Academia Galega.

En serio que ben merece unha visita. Palabriña de Ef.


 

Comentarios