Ola! Sabedes o que é iso de aí enriba? É un doodle.
Os doodles son os cambios que se realizan no logotipo de Google para
conmemorar festividades, aniversarios e as vidas de persoas célebres do mundo das artes e da ciencia.
|
Polo Día de San Patricio |
|
Adicado a John Fitzgerald Kennedy |
Adicado a Audrey Hepburn
|
Adicado a Roald Dahl |
Estas animacións e debuxos comezaron como unha broma, xogando co nome da empresa, pero co tempo, remataron por ser unha parte esencial das buscas en internet.
A demanda de doodles aumentou tanto a nivel internacional que agora hai todo un equipo de enxeñeiras/-os e ilustradoras/-es adicados a eles. Chámanlles doodlers e consiguen que haxa millóns de usuarios en todo o mundo que preman nas animacións que deseñan. A verdade é que moitas ben o merecen!
|
Polas pioneiras que loitaron polo voto feminino |
|
Adicado a Andy Warhol |
|
Adicado a Gloria Fuertes |
|
Adicado a Beethoven |
|
Adicado a William Shakespeare |
|
Polo Día dos Mestres e Mestras |
Comentarios
Publicar un comentario