OKTAPODI

Saudiños!

Pensei compartir con vós unha pequena curta que, sen palabras, é capaz de transmitirnos moitas cousas. 

Este filme levou unha boa cantidade de premios e chegou a estar mesmo nominado aos Oscar de Hollywood. E non é de extrañar, pero (alucinade) foi feito por estudantes da escola de imaxe Gobelins, de París. 

Conta dun xeito moi simpático unha fermosa historia de amor, compañeirismo, superación e defensa do outro. 

Espero que disfrutedes deste chisquiño de poesía audiovisual. Premede e xa me diredes que vos pareceu.




 

Comentarios

Publicar un comentario