OS MEUS COMPLEMENTOS


Ola! 

Estou encantado cos complementos que me debuxastes. Gustáronme moito todos, e iso que algúns eran modernísimos para un alce coma mín. 😉

Aquí tedes a foto dos tres máis votados. O deseñador que levou máis votos vai ser o encargado de facer realidade os seus complementos para que poda lucir a súa creación. Vou estar IMPRESIONANTE!

Moitas grazas a Antonio e a todos e todas os que participastes no concurso e na votación. Biquiños de alce!

Comentarios