Ola!
Hoxe pola mañá o alumnado de sexto de primaria foi visitar o CEIP Rosalía para lerlles aos rapaces e rapazas de primeiro.
Era a viaxe de volta das QUEDADAS LECTORAS que comezaron fai quince días cando viñeron os do CEIP Rosalía ao Flavia.
Pasámolo todos e todas moi ben e os anfitrións invitáronnos a unha merenda deliciosa.
Aquí tedes uns vídeos para ver como foron esas lecturas:
Noraboa ao equipo de biblioteca polas actividades tan chulas que nos facedes chegar. A quedada lectora foi moi interesante, pasámolo moi ben a pesar dos nerviosos e nerviosas que estabamos. 6ºB
ResponderEliminarOla, son Ef, moitas grazas por deixar unha mensaxe e por ir a compartir lecturas. Estivestes xeniais!. O equipo da biblioteca sodes todos e todas, non o olvidedes. Que sería da Flavioteca sen vós?
EliminarSaudiños.