NADAL TOTAL



Ola meus!

Quero desexarvos a todos e todas un felicísimo Nadal e un marabilloso ano 2019.

Estou moi contento con todo o que estades a facer. Decorastes o cole tan ben, fixestes cada cousiña tan chula... Ata fixestes uns Efs que se parecen moito a mín. Que guai! 😍 



 


Fixestes tamén unha árbore de autores e outra con libros vellos para decorar a entrada; ademais de deixar os corredores moi ben adornados. 




Ef e toda a Flavioteca queremos desexarvos que descansedes e o pasedes xenial nas festas e queremos animarvos a que leades, por iso damos unhas cantas ideas para que escollades libros e discos para poñer nas vosas cartiñas. A ver se fustes bos e volos traen!




Comentarios