Ola compis!
A finais deste mes, o día 30 de xaneiro, será o Día Escolar da Non Violencia e da Paz, por iso na Flavioteca fixemos este recuncho para a paz.
Tedes un montón de libros relacionados con este tema. Hai biografías sobre persoas moi importantes que foron ou son auténticos heroes de carne e óso.
Hai obras feitas por vós e tamén contos que nos recordan que a paz faise cada día e con pasiño firme.








Comentarios
Publicar un comentario