DÍA DA LINGUA NAI



Ola meus!

Hoxe é o Día da Lingua Materna, por iso quero recordarvos que tedes que estar moi orgullosos de poder ter dúas linguas nais, e non unha soa. 

As linguas e as culturas son un tesouro que hai que coidar para que as seguintes xeracións poidan disfrutar delas. E cantas máis teñamos, máis ricos que somos.

Déixovos aquí a unha nai que, non fai moitos anos, tivo que aprender a escribir nunha soa lingua mentras que ela só falaba noutra, a que se empregaba na súa casa. Porque houbo un tempo no que había linguas "prohibidas".

E, cando foi nai, puido aprender a escribir as palabras da lingua na que ela se criara grazas á escola na que xa non había "linguas prohibidas".

Pois iso, disfrutade da liberdade de poder falar na lingua que vos pete! 






Comentarios

  1. OLA. Os alumnos de segundo estamos moi contentos de ter a sorte de poder falar e escribir en galego.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola! Moitas grazas por deixar un comentario. Os alces tamén pensamos que é unha sorte poder coñecer unha lingua como a galega. Saudiños!

      Eliminar

Publicar un comentario