MULLERES



Boas!

Mañá é 8 de marzo e é o Día Internacional da Muller. Por iso temos a Flavioteca cargadiña de libros que nos contan a vida de moitas mulleres, algunhas delas tristemente descoñecidas e pouco valoradas. 



Sabedes dende cando se celebra esta data? Dende 1975, cando foi declarada pola Asamblea da Organización de Nacións Unidas (ONU).



E queredes saber por que se conmemora? Pois porque no ano 1857 un gran grupo de traballadoras saíron a protestar polas rúas de Nova York para pedir que se respetaran os seus dereitos. E, a partires de aí, houbo conferencias e agrupacións de mulleres que pedían votar, ter dereitos laborais, poder acceder aos estudos...



Andívose moito camiño, pero parece que queda moito camiño por andar. Déixovos un vídeo moi interesante dunhas nenas que nos explican o que é a "brecha dos soños". E vós que opinades? 



Comentarios