REFRESCA A TÚA MENTE




Saudiños!

Dende fai xa un tempo temos unha neveira na entrada do colexio que non precisa estar enchufada e que non garda alimentos nin bebidas. 


É a neveira da Flavioteca, na que os alces andamos a poñer libros que xa non collen na biblioteca pero que poden servirvos para levalos con vós. Collédeos sen medo, son todos vosos!

Poden valervos para ler, para facer manualidades e proxectos, para compartir historias cos demais, para ver como eran as edicións antigas dalgúns libros que vos gustan...

Así que xa sabedes: REFRESCADE A MENTE!

Comentarios