Ola!
O martes desta semana, o día 2 de abril, foi o Día Internacional do Libro Infantil.
Esta data conmemórase dende 1967 e coincide coa data do nacemento de Hans Christian Andersen, que naceu un 2 de abril pero do ano 1805.
HANS CHRISTIAN ANDERSEN |
Andersen foi escritor, poeta e dramaturgo, pero é mundialmente coñecido polos seus contos infantiles. Seguro que coñecedes uns cantos: O parruliño feo, O soldadiño de chumbo, A princesa e o chícharo, A raíña das neves, A sereíña...
Como todos os anos, hai un cartel (o que abre esta publicación) e un escrito para a celebración.
Este 2019 a mensaxe ten un título precioso: OS LIBROS FANNOS ACOUGAR e foi escrita por Kestius Kasparavicius, un creador lituano. Aquí vola deixo traducida para que poidades disfrutala. Saudiños!
Comentarios
Publicar un comentario