Ola de novo!
O día 23 estivestes a buscar ovos de pascua polo colexio adiante. Que divertido! Seguro que atopastes todos!
Eran uns ovos moi especiais porque contiñan versos para facer un poema ao voso gusto. Así quedou:
No colexio Flavia os nenos e as nenas
buscan e rebuscan ovos cun poema.
O poema está roto, teñen que arranxalo,
colocar ben os versos, que nos digan algo.
Benvidos de volta despois das vacacións!
Unha aperta de Ef para todos vós!
Comentarios
Publicar un comentario