MOITAS GRAZAS, ROCÍO!


Ola meus!

Por fin podo escribir unhas liñas. Os alces andamos algo atarefados ultimamente, pero aínda temos unhas cantas novas que contarvos.

Esta semana pasada dous irmáns dunha aula de infantil levaron de viaxe varios libros da Flavioteca a Madrid, onde había unha enorme feira do libro.  

Fixéronnos un gran favor a todos porque visitaron a autora e ilustradora deses libros e agora os temos adicados para todos nós.  

Así que moitas grazas a Xoel e a Antía por levar os libros a xunto da súa creadora e moitas grazas a Rocío Bonilla por adicárnolos!









Comentarios