XA ESTAMOS NO VERÁN


Ola!

Por fin estamos no verán e podemos adicar máis tempo a facer todas as cousas que nos gustan e que ao longo do curso ás veces deixamos algo de lado.

Aos alces pásanos moito iso de ter que deixar algunha actividade apartadiña para poder realizala no tempo de lecer. No curso temos tanto traballo que sempre imos reservando algúns libros para o verán. Así que podemos ir ao andel de libros en espera ;)

Por se non se vos ocurre que ler, que ver ou que escoitar deixamos unhas ideas para axudarvos a escoller. 




Estas ideas foron compartidas entre os colexios Rosalía de Castro e CEIP Flavia. Esperamos que vos gusten e desexamos que disfrutedes do tempo de lecer e que veñades en setembro máis grandes e con máis forza para seguir todos medrando xuntos.

Saudiños de todos os alces


Comentarios