Ola! Son Ef. Supoño que todos me coñecedes pero, por se non é así, xa vos digo que son ese alce que anda pola biblioteca do cole. Incluso saio na foto de aquí enriba.
O que vos ía dicir é que quero darvos a benvida ao Flavia e á Flavioteca (a biblioteca do CEIP Flavia) neste novo curso. E, como en anos anteriores, quero empezar compartindo unha curta con vós. Espero que vos guste, chámase "Un pequeno paso".
Comentarios
Publicar un comentario