DÍA EUROPEO DAS LINGUAS




Hoxe estamos de festa! Celebramos unha cousa moi fermosa: a diversidade lingüística en Europa, o feito de que haxa moitas linguas no noso continente. 

O Día Europeo das Linguas celébrase dende o ano 2001 e quere promover a aprendizaxe e o uso de distintas linguas.

Aquí, en Galicia, temos a sorte de ter dúas propias, pero sabedes cantas hai en España? E en toda Europa?

DATOS DE INTERESE:

 • Existen entre 6.000 e 7.000 linguas no mundo e unhas 225 linguas en Europa.
 
• A maioría das linguas fálanse en Asia e África. 


• Polo menos a metade da poboación mundial é bilingüe ou plurilingüe, é dicir, falan ou comprenden dúas ou máis linguas. 


• O bilingüismo facilita a aprendizaxe doutras linguas e mellora os procesos cognitivos.


Se queredes máis información ou ver os xogos e as actividades que nos ofrecen dende o Consello de Europa podedes visitar a páxina oficial desta conmemoración: aquí.


Comentarios