QUEN É ESA NENA?



Ola!
Onte apareceu esta nena no Salón dos Pasos Perdidos e agora xa podedes ver o seu nome. 

Greta ten un discurso moi interesante que está facendo que en moitos lugares do planeta a xente se estea unindo para esixirlle aos seus gobernos que fagan algo para loitar contra o cambio climático. 

De feito, grazas a ela existen os "FRIDAYS FOR FUTURE" (VENRES PARA O FUTURO) ao redor de todo o mundo. Hoxe é un deses venres, así que seguro que vedes algo nas noticias sobre esta mobilización.

Aquí vos deixo un video do discurso que deu Greta o ano pasado na Conferencia das Nacións Unidas polo Cambio Climático. Ten subtítulos, non vos preocupedes.





Comentarios

  1. Si todo nos unimos a Greta o planeta salvaráse.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois si, a ver se ao ter que estar tanto tempo na casa reflexionamos e pensamos en cales son as cousas importantes. O planeta o agradecerá 👍

      Eliminar

Publicar un comentario