DÍA DA INFANCIA

Ola!
Hoxe é un día especial, é o Día Universal Da Infancia. O 20 de novembro de cada ano celébrase a aprobación da Convención sobre os Dereitos Da Infancia, que tivo lugar o 20 de novembro de 1989.


Todos os dereitos dos nenos e nenas están recollidos nesa convención, que é unha lei de obrigado cumprimento e que foi aceptada por todos os países agás os Estados Unidos (si, si, Estados Unidos de América).

Se queredes saber máis sobre os vosos dereitos, na Flavioteca temos uns cantos libros que falan sobre eles.


E por se vos interesa seguir dándolle voltas ao tema, déixovos tamén o enlace ao texto da convención en galego e dous vídeos aquí abaixo. 
















Comentarios