MARGARITA SALAS


Ola!
Hoxe quero contarvos unha noticia triste: onte faleceu esta muller que vedes aquí enriba. Chamábase Margarita Salas e foi a científica de maior prestixio que tivemos en España. 


Estivo traballando ata uns días antes de ter que ingresar no hospital, e iso que tiña 80 anos. Pero era unha tola da investigación e descubrira, fai xa anos, unha das patentes máis importantes para a ciencia española.

Mural na Universidade Politécnica de Valencia

Esta bioquímica tivo que abrirse camiño nunha España na que case non había mulleres adicadas á ciencia e, as que había, tiñan que contar con permisos especiais para poder investigar. 

Ela traballou con Severo Ochoa, pasou anos investigando nos Estados Unidos e noutros países e obtivo un bo número de premios. E falaba tan ben...



Comentarios