DAVID PINTOR


Hoxe queremos darlle as grazas a David Pintor, que nos adicou o seu libro El primer diccionario de Nara. 

O libro, editado por Degomagom, é un fermoso dicionario ilustrado no que a protagonista é a filla do autor, Nara. A nós debuxóunola nun momento e deixouna así de bonita: 

Ao final do libro o autor explica o que significa debuxar con Nara, que vai camiño dos tres anos. Se queredes disfrutar o libro completo podedes vir collelo na Flavioteca.




Por se non o sabedes David Pintor é moi coñecido baixo o nome de PINTO. De feito, na Flavioteca temos outro libro del xunto con CHINTO. Chámase Cámbiache o conto! e fixo que vos gusta tanto como a nós. Podedes atopalo na zona vermella (a de primeiros lectores) e disfrutar dos contos clásicos contados dunha forma moito máis orixinal e deses debuxos tan bós que os acompañan.



No xornal dicía David o outro día que quería seguir traballando en libros para que os poidamos disfrutar todos nós. Aquí os alces estaremos esperando a que haxa máis para poder ofrecérvolos. 

Saudiños e moitas grazas de novo a David Pintor pola súa atención!


Comentarios