FELIZ ANINOVO!



Ola meus!
Espero que empezárades moi ben o 2020. 

Este ano vai traer un bo feixe de cousas interesantes. Para empezar é un ano bisesto, o que quere dicir que o mes de febreiro terá vinte e nove días en lugar de vinte e oito; así que o ano terá trescentos sesenta e seis días.

Pero o ano vai traer ademais un acontecemento que a algúns alces nos encanta. Imos poder disfrutar dunhas olimpíadas! 





Por iso quero plantexarvos un RETO:
Canto sabedes sobre os xogos olímpicos?
Tedes que contestar a estas preguntas deixando un comentario no blog:

1. Por que se chaman Olimpíadas?
2. Cada canto se celebran?
3. Cando tiveron lugar as primeiras?
4. Cal será a sede este ano?
5. Como se chaman as mascotas?  













Comentarios

  1. Somos a clase de 4ºA.
    1.Chámanse Olimpíadas porque as primeiras se celebraron en Olimpia (Grecia). 2.Celébranse cada 4 anos.
    3.As primeiras celebráronse no ano 776a.C.
    4.A sede deste ano é Tokio (Xapón)
    5. Miraitowa e Somety.
    5.

    ResponderEliminar
  2. 1.Por que se chaman Olimpíadas?
    Porque as primeiras foron en Olimpia.
    2.Cada canto se celebran?
    Cada 4 anos.
    3. Cando tiveron lugar as primeiras?
    No ano 776 a.c.
    4.Cal será a sede este ano?
    Tokio (Xapón).
    5.Como se chaman as mascotas?
    Someity e Miraitowa.

    Nicolás Otero, 3ºB

    ResponderEliminar
  3. Ola Ef! Somos 2ºA.
    Chámanse Olimpíadas porque as primeiras se celebraron en Olimpia (Grecia). Celébranse cada 4 anos.
    As primeiras celebráronse no ano 776a.C.
    A sede deste ano é Tokio (Xapón)
    As mascotas son Miraitowa e Somety.
    Esperamos que teñas un bo día, Ef.
    Adeus!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas por escribir! Si que vou ter un bo día e espero que vos tamén. Saudiños!

      Eliminar

Publicar un comentario