Ola xente!
O pasado venres tivemos unha visita moi especial. Viñeron a ler e a contar historias os alumnos e alumnas de quinto e sexto do CEIP Rosalía de Castro. Era para devolvernos a visita que lles fixeramos en novembro.
Pasámolo xenial escoitándoos en distintos recunchos do noso cole. Aquí tedes unha mostra:
Moitas grazas por vir! Seguro que repetimos estas lecturas de ida e volta!
Comentarios
Publicar un comentario