Ola meus!
O 24 de febreiro foi o aniversario de Rosalía de Castro. Fai xa cento oitenta e tres anos do seu nacemento, que foi no ano 1837.
![]() |
Obra de Arte Miúda |
Ao longo de todo este mes de febreiro houbo moitas homenaxes e conmemoracións na honra da nosa escritora máis ilustre, que ata lle dá nome a unha estrela.
Incluso algúns alumnos e alumnas do Flavia fustes á Casa de Rosalía na Matanza.
Aínda chegades a tempo para asistir a algunha cousiña máis esta fin de semana tanto na casa de Rosalía como en Santiago.
E por se tendes máis tempo, aí vos vai unha recomendación lectora: un libro de Luisa Carnés adicado á Rosalía. Biquiños de alce!
Comentarios
Publicar un comentario