Saudiños de novo!
Este mes de febreiro recibimos a visita dun grupo de alumnos e alumnas do IES Camilo José Cela que viñeron a ler uns contiños ás aulas de infantil e de primeiro de primaria.
Fixérono moi ben e ata estiveron vestidos e maquillados para a ocasión. E, por suposto, o público do Flavia disfrutou moito das lecturas e escoitou atentamente.
Ademais de vir a ler, quixeron compartir unha merenda cos pequenos. Foi xenial! Moitas grazas por vir!
Comentarios
Publicar un comentario