Este é Armand Duplantis, un rapaz sueco de vinte anos, que acaba de batir este sábado o récord do mundo de salto con pértega. Mirade que cariña lle quedou!
É normal que lle quedara esta cara porque, aínda que xa leva batidos uns cantos récords nas categorías menores (antes de competir como adulto), agora acaba de saltar 6,17 metros. Iso é voar moi alto!
Aquí tedes outro vídeo para que vexades como foi mellorando co paso dos anos. Está feito con algunhas das gravacións que lle fixo a súa familia dende que era neno:
Recordade que para poder "voar" como fixo Duplantis hai que traballar, esforzarse e verse capaz de mellorar.
Somos 2ºA. Foi impresionante! Duplantis é un campeón do mundo!
ResponderEliminarPois si! E aínda mellorou un chisquiño máis ese record e saltou 6,18 metros. Teño moitas ganas de velo nas olimpíadas, seguro que o fai xenial!
EliminarSaúdiños!