O HOSPITAL DOS LIBROS



Ola xentiña!
Hoxe quero contarvos que os axudantes e as axudantes da Flavioteca teñen moito traballo: explican xogos, len e contan historias, organizan os recreos na Flavioteca e ata están preparando algunhas sorpresas para a mesa de luz.

Pero están moi preocupados porque ultimamente teñen que tratar de amañar montóns de libros, xa que o hospital dos libros está case sempre cheo.


Por iso quero pedirvos que coidedes todo o que hai na Flavioteca o mellor que poidades. Non nos gusta ver libros e xogos enfermos e algúns tan enfermos que non teñen solución. 

Aquí vedes as axudantes que estiveron estes días atendendo os materiais do hospital. A pesar da pena que lles dá ver libros maltratados intentaron amañalos cun gran sorriso. Bravo por elas! 




Comentarios