Bo día!
Hoxe quero contarvos que hai un pequeno grupo de rapaces que creou un conto moi especial. Ten unha temática científica porque o seu autor, Manuel, é un gran aficionado á ciencia e á tecnoloxía.
Tivo a axuda de dous compañeiros, que están colaborando na lectura do conto e que se implicaron no deseño dos personaxes, que están feitos con pezas de cores.

Os alces estamos desexando poder contar con ese conto na Flavioteca e poder ver a estes tres autores contando a súa historia de novo.
Saudiños de parte de todos os alces e recordade que a lectura pode ser o mellor refuxio para estes días que nos esperan.
Comentarios
Publicar un comentario