QUE ANIMALADA!

Boas!

Seguro que vos encantan os animais. Gustaríavos ver algún dentro da vosa casa, en tres dimensións? Pero sen que sexa perigoso. 

Podedes escoller un destes animais: león, tigre, leopardo, gato, cabra, lobo, pato, oso panda, polbo, águia, serpe, cabalo, poni, tartaruga, ourizo, pingüín, can, quenlla ou tiburón e crocodilo.

Só fai falla un móbil ou unha tableta que permita realidade aumentada e seguir estas indicacións: 

🐧 Buscade o nome do animal en Google (recordade que ten que ser dos da lista anterior).

🐧Premede onde poña "ver en 3D".

🐧Abrirase a cámara do móbil e veredes a habitación na que estades.

🐧Sacade unha foto e sairá o animal escollido con vós.

🐧Se preferides un vídeo mantede pulsado o botón da aplicación.

Por certo, se estades interesados en aprender sobre o mundo animal, esta páxina é unha enciclopedia fantástica.

Saudiños!
 
🐧🐧🐧
 

Comentarios

  1. Grazas pola enciclopedia agora podo aprender moito doa animais, o que ´e unha lástima é que non podo facer o de 3D, se sabes outra forma de facelo e o dis axudaríasme moito grazas.

    #352

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Alégrome de que che guste a enciclopedia, está moi chula. Co de ver os animais en 3D non vou poder axudar, síntoo. Só sei esa forma de facelo, funciona con móbiles e tablets que permitan esa tecnoloxía. Supoño que serán dos máis modernos :(

      Eliminar

Publicar un comentario