Saúdos!
Estamos na Semana das Letras Galegas, celebración que, como sabedes, tería que ter lugar o 17 de maio.
Por este motivo, andan a surxir unha chea de iniciativas relacionadas coa lingua e a cultura galegas.
Unha desas iniciativas é un concurso para escoller a palabra máis bonita. Está organizado por un xornal, no que o día 15 publicarán a palabra gañadora. Podedes votar, coa axuda dun adulto, nesta páxina.
A finais de ano, no portal das palabras tamén recollerán a palabra máis votada deste 2020. Xa informaremos desa votación cando teña lugar para que poidades participar. Aquí podedes ver as gañadoras dende o ano 2014.
Comentarios
Publicar un comentario