Seguimos con cousiñas das Letras Galegas. Sabedes a quen se lle adica o Día das Letras Galegas este ano? A Ricardo Carvalho Calero, quen, en realidade, tiña un nome moito máis longo. Se queredes averigualo tedes que premer aquí abaixo:
Noutros sitios podedes atopar o seu primeiro apelido escrito así: Carballo. A verdade é que das dúas maneiras significa o mesmo (seguro que todos coñecedes a árbore) e nos recorda a orixe común da nosa lingua e da portuguesa.
Se queredes máis información e xogos sobre o homenaxeado aí está, como outros anos, a Primavera das Letras.
PREMEDE PARA ENTRAR |
Aquí tedes o conto que comparte edicións Embora para que todos poidamos disfrutalo:
Están preciosos os recursos, encantáronme
ResponderEliminarSi que o están. Os carteis deste ano son moi chulos e, aínda que non se poidan ver en cada colexio, polo menos pódense disfrutar a través da rede.
EliminarO conto de "As pitas baixo a choiva" tamén ten unhas cancións que aparecerán outro día polo blog. Pero se queres máis contos,hai outro moi interesante na seguinte entrada do blog, ademais está contado por Paula Carballeira.
Saudiños a todos os alces!