Ola!
O pasado día 9 de maio foi o Día de Europa, que este ano, por culpa da situación sanitaria, non puido celebrarse da forma habitual. Así que imos homenaxear ao noso continente dende a Flavioteca ofrecendo algunhas cousiñas que poidan ser de interés:
💡Aquí tedes unha foto do continente dende un satélite da ESA (Axencia Espacial Europea). Bonito, eh?
💡Esta é, xa o sabedes, a bandeira da Unión Europea.
💡O himno de Europa é a adaptación da 9ª Sinfonía de Beethoven, con letra dun poeta alemán que se chamaba Friedrich Schiller. Coñécese como "Oda á alegría".
💡50 países hai en Europa. Non todos forman parte da Unión Europea, nin da unión monetaria. Queredes ver cales son?
💡E por se vos atrevedes a xogar un pouco colocando as bandeiras e os distintos países, aquí van dous xogos. Ollo, son complicados! A ver se sodes capaces de completalos! Non vos preocupedes polo tempo, nin polos erros.
Comentarios
Publicar un comentario