RICARDO CARVAHLO CALERO

 

Bo día!
Continuamos celebrando as Letras Galegas deste ano e traemos unhas cantas cousas sobre o homenaxeado: Ricardo Leopoldo Ángel José Gerardo Carvalho Calero (un só home, aínda que tivera tantos nomes). 


Naceu en Ferrol en 1910, estudou Dereito en Santiago, onde ingresou no Seminario de Estudos Galegos. Colaborou coa revista Nós, na fundación do Partido Galeguista e na redacción do Estatuto de Autonomía.

 CASA DE CARVALHO CALERO EN FERROL, PINTADA POR GARCÍA REY

Tamén estudou Filosofía e Letras e traballou moito. Foi escritor, profesor, filólogo, investigador, editor... 

Defendeu a República na Guerra Civil e tivo que pasar un tempo no cárcere, ademais de perder a posibilidade de seguir traballando como profesor nun instituto público. Pero rematou por traballar en Lugo nun colexio moi especial. 

CARVALHO CALERO POR XAQUÍN MARÍN
No ano 1958 ingresou na Real Academia Galega e no 1965 comezou a dar clase na Universidade de Santiago e no Instituto Rosalía de Castro.



Viviu ata o ano 1990, escribindo e editando multitude de libros e textos.



Aquí compartimos un conto escrito por el e contado por Paula Carballeira. VAIVOS ENCANTAR! Chámase: As sete bruxas de Ferrolterra.
















Comentarios