Que tal?
Hai un concurso de fotografía que seguro que vos gusta. Chámase "Comedy Wildlife" e o da comedia da vida salvaxe xa veredes que é por algo.
 |
QUE RISA! |
O concurso permite que calquera poda participar e ten moita sona xa que, ademais de promover a fotografía da natureza, promove a conservación da vida salvaxe e dos hábitats.
Fai uns días coñecéronse os finalistas deste 2020, aínda que ata outubro non saberemos cal é a foto escollida como foto do ano. Iso si, podemos disfrutar das finalistas e gañadoras destes últimos anos. Espero que vos gusten.
 |
OLA! SON UN OSO POLAR |
 |
POR FAVOR, SACÁDEME GUAPO! |
 |
EU XA SAIO LINDA ENTRE AS FLORES
|
 |
TEÑO A IMPRESIÓN DE QUE NON ESTOU SO
|
 |
NON QUERO VELO
|
 |
AS FOTOS XA AS SACO EU
|
 |
BAILAMOS? |
 |
MELLOR BAILAMOS UN TANGO |
 |
PERO QUE MAL BAILAN!
|
 |
VAIME MAL COA RISA |
 |
MARCHO, QUE TEÑO QUE MARCHAR!
|
Ola, que haces? ;)
ResponderEliminarA fotografía que máis nos gustou foi a do oso que di: "que mal bailan!". Tamén nos gusta a ra que ri e o que marcha correndo. A Abril gústalle moito a ratiña entre as flores. Os largartos que bailan o tango tamén nos fixeron gracia.
Saúdos humanos!
Ola!
EliminarA min a do oso tamén me encantou. É moi graciosa, a que si?
Saudiños de todos os alces!
Ola Ef
ResponderEliminarQue divertidas nos pareceron todas, a última sobre todo!
A do oso polar sacando fotos está xenial. E a dos osos bailando e abrazándose están moi ben tamén. Gracias EF!! Son super simpáticas. Acabamos de pasar un rato divertidisimo!
Ola!
EliminarGraciñas a vós por visitar a Flavioteca! Se teñen tanto éxito estas fotos imos ter que poñer máis outro día. Aos alces tamén nos parecen graciosísimas e nos encanta compartilas.
Saudiños!
SI, SI...queremos máis EF!!
EliminarHaberá máis. E pronto ;)
EliminarOla Ef!!! Son Laura e son de 4°B e a foto que mais me gustou foi a de "as fotos xa as saco eu" moitos abrazos!!!e non esquezas a máscara!!!
ResponderEliminarOla, Laura! Graciñas pola túa mensaxe. Non esquezo a máscara, e iso que normalmente teño moito despiste. A ver se descubren pronto unha vacina e o virus desaparece. Apertas dixitais de todos os alces!
EliminarOli! Somos 6ºB. Gustaríanos que debaixo das fotos puxera o tipo de animal que é. Gústannos moito as fotos, tamén estaría ben un vídeo. Podes poñer máis? Ven de visita, por favor: temos que facer un selfie contigo ;)
ResponderEliminarOla! Que boa idea o dos nomes dos animais! Claro que tamén podedes probar a averiguar de que animal se trata en cada foto, algúns son moi fáciles de adiviñar.
EliminarO do vídeo tamén me parece unha idea xenial e o do selfie encantaríame, pero non sei se por culpa do coronavirus non haberá que esperar. Saúdos e graciñas por comentar!
Ola, Ef! Gustáronnos moito as fotos, sobre todo as de: o oso polar fotógrafo, o peixe que non está so, os lagartos bailando e o oso que di que mal bailan e a da ratiña de campo.
ResponderEliminarSaúdos dende 5ºB!
Ola! Graciñas por deixar unha mensaxe. Esas fotos tamén están entre as miñas favoritas. A ver que vos parecen as da seguinte entrega.
EliminarSaudiños de todos os alces!
Ola eu son Paula de quinto B. Miñas fotos favoritas foron todas, pero o que mais me gustou foi o de: "Creo que non estou só."
ResponderEliminarUn saudo
Paula
Ola, Paula! Si que está simpática a foto, aínda que non sei se ao peixe que está diante a quenlla lle faría moita gracia. Seguro que levou un bo susto!
Eliminar:O
Ola, eu son Paula de 5B e estou coa miña madriña, e a ela gustoulle moito "MELLOR BAILAMOS
ResponderEliminarUN TANGO" :D
CHAO!!!
Paula
Ola, Paula! Si que están graciosos os lagartos bailando o tango (e parece que se lles dá moi ben).
EliminarSaudiños para ti e para a túa madriña!
Ola, Ef! déronnos moita risa as fotos! Diego di que lle gustaron moito e Javi e Xoel din que lles gustaría que houbera máis fotos. Podes poñer os nomes dos animais, por favor? E Nico pregunta que cando poderemos ir á biblioteca?
ResponderEliminarAdeus! Feliz Halloween!
Ola!
EliminarQue ben que vos gustaran! Xa teredes máis fotos, non vos preocupedes.
O dos nomes dos animais é moi boa idea, pero seguro que coñecedes a moitos deles. Nico, o de poder ir á biblioteca polo de agora está un pouco complicado por culpa do coronavirus, pero podedes aproveitar para ler na vosa clase e pedir os libros que queirades. Seguro que os profes vos axudan a conseguilos.
Saudiños e feliz Samaín por adiantado (aínda falta un tempo)!
Equivocouse a profe, somos 1ºA!
ResponderEliminarEstes profes andan moi despistados ás veces ;)
EliminarSaudiños!