
Boas!
Hoxe, como é 30 de outubro, celebramos o Samaín cun día de adianto e tamén fixemos o magosto.
Todo isto, por suposto, respectando as medidas anti-covid. Que as temos moi aprendidas! Coma sempre, houbo cabazas e moitas tiñan que ver coa saúde. Menudas obras de arte!
Houbo portas decoradas, algunhas terroríficas...Tamén houbo disfraces e moitas historias de medo, pero iso é outro conto que xa compartiremos...👻
Bos días, Ef! Como estás?
ResponderEliminarGustounos moito a exposición de cabazas. E tamén as portas terroríficas. Tamén nos gustou facer os contos de medo. E as castañas estaban excelentes! Foi un dos mellores Samaíns da historia!
Oxalá acabe a pandemia do covid-19 e poidamos celebrar todo sen ter que levar máscaras e puidendo tocarnos, estar xuntos e darnos apertas.
Saudiños de medo! Esperamos que o pasaras moi ben.
Boas! Estou moi ben, graciñas.
EliminarAlégrome de que vos gustara tanto a festa. Menudo éxito que tivo!
Estou desexando poder compartir no blog algunhas das historias de medo que escribistes, sodes todos uns artistazos!
E si, oxalá que poidamos volver a estar sen máscaras e sen distancia, pero polo que sei, o estades facendo moi ben respectando as medidas de prevención. Seguide así!
Bicos de parte de todos os alces!